20071014

Inauguración da casa Galuá (VII)



Polo momento, cerran o conxunto de fotos a correspondente ó artesonado, feito en parte con madeiras recicladas das do Convento dos Pi(c)os en Mondoñedo, o frente do patio (lateral do cruceiro da igrexa) e unha vista doutro lateal, hoxe casa particular, do antigo convento, que formaba conxunto co lateral do cruceiro da igrexa e cos arcos que se ven nas fotos dos post anteriores.
A casa, que titulei eu pola miña conta como Casa Galuá pola adicación, estará adicada a oficina e salas para xuntas, catequese, etc (baixo e primeira), e vivenda (a pranta alta). Ten conexión (porta) para pasar direitamente ás dependencias da igrexa, o patio queda aberto a futuras varaicións para rehabilitación da parte do convento que pertence á igrexa, e o custe da rehabilitación púxose nuns 70 millóns das antigas pesetas (darei cifras máis exactas).

Ningún comentario: