20071030

Novas curiosas (unha segunda rápida)

Atopo no xornal algúns titulares que se me antoxan curiosos:
'O Concello do Valadouro repartiu máis de dez mil euros de subvención entre os colectivos'. Vamos, que parece que repartira premios, e mal vamos se se considera así. Entre outras cousas, funciona o clientelismo?
'Sanidade multa con 360 euros a un bar de Barreiros por non tomar medidas co tabaco'. 360€ e anuncio para o bar. Xa estamos de novo coas multas que pode compensar pagar e que poden estar favorecendo xusto o contrario do que pretenden.
'Arriva ofrece aos concellos o seu apoio para ampliar o servizo na costa'. Eu pensei que o negocio de Arriva era como empresa de transporte, pero agora vexo que me equivoquei: parece que é como empresa na procura de subvencións e amaños varios para o transporte (mentras llo permitan os poderes públicos, vamos). Esta última nova e outros titulares relacionados poden dar lugar a interpretacións varias, pero coido que non é esta a máis descabellada.

Ningún comentario: