20071023
Outra embestida
Onte, na tertulia de Onda Cero, tratouse de dous temas: o teatral encontro no medio da ría da entrada de onte e o novo intento de legalización de edificios ilegais por parte de PSOE e UPRi (hoxe na prensa a mans do alcalde). Neste tema quedeime sen tempo para explicar e defender o mesmo que dixo a Asociación de veciños: primeiro restituir as ganancias recollidas coas obras ilícitas por parte dos construtores, logo, estudar a legalización. Por falta dese tempo, a cousa no debate quedou no que poderiamos chamar 'disquisicións políticas' sobre apoios e faltas de apoio ou cambios de chaqueta e pensamento dos diversos partidos no consistorio. Os outros que falaron foron Azucena González (un momento ó final) e Gervasio Cao (o que comezou e tivo máis tempo). Aproveito aquí para unha curta xustificación de base da postura: Se se veñen comentendo irrgularidades dende hai moito tempo, é porque se permiten, e hai que enviar unhamensaxe clara de que non se vanpermitir máis. O xeito que mellor entenderá a xente será a necesidade de reverquer calquera ganancia extra acadada coas irregularidades que se queren legalizar, e un pouquiño máis, pola dúbida de se está ou non ben calculada. Non se trata nin de poñer castigo, senón de xustiza. Pode ser certo que os compradores non teñan nada que ver (en algún caso fixo que si que sabían alomenos parte do que estaban a facer coa súa decisión de compra), pero os construtores teñen moito que ver, e quen lle lo permitiu, tamén. Polo tanto, non é cousa agora de autorizar ou 'permitir a quen llo permitiu'. E, caso de saír adiante no concello a autorización, queda a Xunta e o Xulgado.
As fotos están relacionadas: unha, marcas de edificación en San Roque, aínda facéndose e elevando altura. Outras dúas, o que queda dunha casa indiana, que é de supoñer (eso si, suposición non só miña) que foi arrasada hai uns anos para permitir o solar ante a posibilidade dun novo plan. O caso é que xa leva anos así, e perdeuse unha casa das do 'Parque indiano' (por certo, parece que desaparecido en combate polo momento) sen máis.
Etiquetas:
arquitectura,
Fotos Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
As fotos non se ven nada, podía-las poñer un pouco máis claras
Publicar un comentario