Ás veces é moit máis doadao fixarse no que está sen facer que no feito. Hai uns días poñía no blog o destrozo na baranda do parque novo. Onte estaba reparada. En torques, a que corresponde á parte final da baixada dende a Atalaia ata Cabanela é a que onte mesmo notei que estaba para o arrastre, un perigo non só pola súa falta, senón porque os paos están en boa parte sen caer, prácticamente sobre a beirarúa. Mentras, uns metros máis abaixo, seguen os pasos para evitar as carreiras no paseo marítimo, parece que máis doadas de abortar que os ruídos anteriores e posteriores na 'movida' arriba.
Mentras, tamén hai outras desfeitas. Por fin sae na prensa o roubo de ordenadores no IES Gamallo Fierros, algún deles con datos do alumnado que poden causar trastorno, aínda que haxa copia escrita. Tiña nova do feito, pero non datos abondo, como que se levaran lambetadas, por exemplo.
Deixo tameń constancia dun premio a J. Luis Gegúndez, traballador do concello, pola súa actividade en prol da reinserción social e defensa da prevención do delito, outrogado pola asociación 'Concepción Arenal'.
E un remate que a Ribadeo tócalle polo universal. Se o outro día poñía a reseña do Premio Nobel da Paz, atópome onte con esta referencia sobre o de Medicina para reflexonar un pouco (incluídos os comentarios ó artigo)
En fin, as últimas novas vánse acumulando de xeito que haberá que pasar esta semana a facer dúas entradas algún día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario