20071019
Perdínme algo
Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense... A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á Aduana (máis ben parece que se lle tapara co novo por riba del), e haberá máis sobre o tema.
Mentras, parece que xa comezou de pleno o curso político, pois o PP pide dimisións pola entrega dunha furgoneta a un concellal que nin é do equipo de goberno (Balbino), e UPRi interpón un recurso para poder presetnar unha moción que se lle negou no último pleno.
Mentras, a reunión de Areces e Touriño no promete nada, aparentemente, para ribadeo nin para a súa ría, a pesares de que saíu na prensa hai varios días que Asturias pretendía protexer 15 especies de aves, pero polo menos a min pareceume máis un dicir por picar a Galicia como quen 'somos mellores' que outra cousa. Xa veremos.
A foto, a ría, xusta antes da ponte dpara cruzar á Veiga.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
E un verdadeiro desatino sacarlle o nome a plaza de Pancho Maseda, pois si Ribadeo, ten algún vecin o que alla que agradecerlle algo e precisamente a Pancho Maseda que sempre tuvo a man tendida para todos sin aproveitarse xamáis dos seus cargos. Xamais perseguio nin lle torceu a cara a ninguen para non saludalo, ainda sabendo de sobra que era rojo. Pancho é un home serio, formal e íntegro que sempre foi para o pobo unha garantía de paz e tranquilidade, é aportou postos de traballo cando máis se necesitaban para paliar a fame. Xa nos gustaria poder decir o mesmo de algunhos que supoñemos están no noso bando, si se manexaran no poder que tubo Pancho Maseda.
Pancho Campos
Publicar un comentario