20071004

Pouco a pouco


A nosa comarca vaise abrindo. Agora comeza a venta de productos das tendas por internet. Son só perto de dez anos de retraso respeto a outras zonas do globo, pero o caso é comezar. En Viveiro de pronto, non en Ribadeo. Por certo, o facelo é un proceso que está na man de case calquera: unha conexión a internet e pouco máis.
Algo máis dificil é o que van a ter mañá en Foz: un café científico. É dicir, un cienticio anuncia que vai ir tomar café ó centro socila para charlar coa xente de temas científicos, a partir da oito da tarde. Pode ser interesante. Entendo que o máis probable é que a quen o probe lle saiba a pouco.
Mentras, en Ribadeo, andamos con certo retraso: aínda foi hoxe o día no que o PP deu conta da grúa que nomeei no blog hai un par de días. O razonamento, algo menos técnico que o que espuxen aquí coa diferencia entre grúas autoportantes e non.
E, nas zonas máis alonxadas, nos polos, unha traxedia anunciada vai tomando corpo. Despois de ser medidos este verán ata 22ºC na zona polar norte, tras ter unha descoberta de xeo un 30% superior á do ano pasado, e mentras nunha revista de tirada mundial unha reportaxe preve que se perda todo o xeo nesa zona arredor de 2100, na prensa máis adiada xa saen opinións que extrapolan cos datos máis actuais e adiantan a data a outra tan veciña como 2020, alomenos para a perda de xeo no verán. Vamos, como se dicía antes, que Deus nos colla confesados, e mentras, a Deus rogando e co mazo dando.
A foto, unha vista pouco usual da ría de Ribadeo con Castropol ó fondo.

Ningún comentario: