20071016

A ría e o ártico



Despois do premio Nobel a Al Gore, é lóxico que se lle de algunha volta ó tema da contaminación e cambio climático. Volve hoxe, por exemplo, a saír na prensa que nunha xeración quedamos sen xeo no Ártico. Eso fará que a temperatura media do mar aumente máis rápidamente (aínda que non houbera desxeo na antártida), que suba o nivel do mar en consecuencia e que a ría poda ter máis calado, evitando paisaxes como a que poño hoxe, tomada a semana pasada en Reme. Non sei se será bo para a ría, pero estou seguro que será malo para nós.
Poño asemade unha imaxe escaneada do envoltorio en cartón dunha lata de conservas. Da indicacións de que todo é reciclable, pero... o caso é que para eso hai que botalo no contedor adecuado, cada cousa por separado, e darlle máis enerxía. É unha ventaxa que sexa reciclable, pero a lata e o envoltorio levan materiais, e aínda que sexa para reciclar, require tamén un transporte. É dicir, mentras que se usen latas, aínda mellorando os procesos, imos seguir emitindo contaminación ó ambiente. Que facemos? Non usar latas? Lémbrome agora da historia da illa de Pascua: desenvolvemento, aumenta da poboación, esgotamento dos recursos por sobreconsumo e logo baixón no nivel de vida, número de habitantes, fame ... por non ter os medios para manter o consumo aínda máis baixo dos niveis ós que chegaron para máis persoas.
A nivel humanidade, sempre houbo problemas de supervivencia e ameazas. Serán os problemas que temos agora os definitivos? Pode. Mentras que o averiguamos, podemos ir facendo práctica de vida responsable (máis que de 'consumo responsable') ... eso nunca ben mal.

Ningún comentario: