Remato de ver a nova de que R poñerá banda ancha na zona (Ribadeo e Burela), o que virá da man dunha maior competitividade (é de supoñer). Pero... a parte da subvención da Xunta aunha empresa particular (algo que non me expliquei nunca por eso de que se da cartos, pode facelo sen subvención, e se non da, se se fai direitamente hai un intermediario menos, coas correspondentes comisións e ganancias como empresa particular), di o xornal que o alcalde 'confía que as obras comecen no 2008'. Afeitos ós múltiples retrasos (por exemplo, por estar de moda na actualidade, o AVE), é de temer que nos colen retrasos indefinidos. Ata llos colan ó medio ambiente! (remato de ler esta semana que a aplicación ós límites de emisións de CO2 para os automóbiles novos, a aplicar polos fabricantes, retrásanse do 2012 ó 2015...)
Mentras aquí andamos con eses posibles retrasos, noutras zonas xa pensan en novos aumentos de velocidade (banda super ancha), na normalidade dos formatos ficheiros que se pasan duns a outros (o novo formato estándar mundial, open document, que se vai impoñendo a partir das administracións e que se fala de usar de xeito preferente tamén en Galicia, non soportado aínda polo arraigado e normalmente pirateado word de microsoft), ou sinxelamente preocupados na privacidade dos nosos datos e a ilegalidade de intrusións (aquí queda un sentencia do tribunal supremo, con orixe en a Coruña)
Por certo, onte houbo un escape na rede de gas nas obras que están a facerse en Ramón González. Houbo quen pasou asustada por alí.
E, un día despois de comentar a multa imposta a un local por permitir fumar, pode lerse na prensa que a UE pide que se endureza a lei 'antitabaco'. ... hai que comezar por aplicala ben, como pasa con outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario