20071011

Sic transit gloria mundi


Así pasa a groria do mundo... foi o que se me ocorreu cando vin o cartel da promoción de vivendas en plena rúa peonil tirado (non o que aparece na imaxe, da obra de teatro do domingo pasado, da que non teño interese en falar). Pode que se ocorrera a manida frase latina porque viña de ver o que queda (e determe diante) da casa indiana ó fondo do xardín, á beira do IES Carlos M. Rodríguez de Valcárcel (rebautizado como Gamallo Fierros), e pasar asemade por diante dun cartel no que unha empresa da noite de Moimenta, pon autobuses para que a xente vaia. Por certo, non é unha competencia desleal o que fai a Xunta coa promoción de determinadas rutas para ir á movida? Non é a primeira vez que mento este tema das rutas da Xunta, e ó que parece non será a derradeira.
Mentras, otra volta máis, tiroteo nunha escola americana.
O dito, 'sic transit gloria mundi'

Ningún comentario: