20071003

Un punto de apoio máis


Ribadeo, dende hai moito, ten fóra puntos de apoio nas isntitucións a niveis diversos. Un novo viu sumarse esta semana, pois o concellal de deportes Ribadense vai a asesorar á deputación no mesmo tema, sen deixar Ribadeo. O lóxico sería pensar na 'sinerxia' entre ambos postos.
Como segunda, o segundo ouro de Ana Ferradás nos 100km a nivel nacional, despois de obter o primeiro o ano pasado. Din que naceu o 18/7/63 na nosa vila, e que empregou (o outro día) algo máis de nove horas en facelo. É dicir, a máis de 10km/h durante 100km ós 44 anos. Non está nada mal, e case diría a calquera que esteña a ler que probe a facer o mesmo aínda que só sexa durante dúas horas seguidas.
Outra nova é que en Ribadeo só hai 12 cafeterías, 3 delas para máis de 100 personas de capacidade. serán cafeterías, pero locais de hostelería de paso, entre bares e pub, son abondos máis. Estrana que só sexan a ducía de cafeterías.
E unha externa, de varios días pero que coido que non se lle ten dado repercusión: un manifesto pola responsabilidade social das empresas. Cíngome a Ribadeo e penso nos locales nouturnos, naturalmente, pero tamén na construcción, por poñer outro exemplo. E quédome con un dos puntos do manifesto: 'Nos precoupa la creciente confusión entre responsabilidade social y acción social de las empresas'. É dicir, unha cousa é pagar anuncios, aínda que sexa en carteis de competicións deportivas, e outra asumir unha responsabilidade social que as empresas teñen porque funcionan na sociedade, e que quizais poda pagarse en parte con cartos, pero non mercarse só con eles. ... deixo a parte que o manifesto apunte que as empresas con responsabilidade social son máis produtivas.
A foto, un cartel que designa como Peirao de Porcillán o ermo do recheo sobre a ría de Ribadeo. É dicir, unha contradicción que enmarca o mural alegórico á pesca baiso de si. Se o cartel fora unha persoa, diríamos que se pasa pola entreperna a alegoría.

Ningún comentario: