20071117
As inmobiliaras, en regresión. En Ribadeo?
O outro día un amigo confirmoume que en Madrid xa se está comezando a nogar algo avisado pola prensa hai algún tempo: o peche das inmobiliarias. Parece que hai unhas tres veces o número de inmobiliarias que sería o adecuado (non sei quen o xulgou). O caso é que en Ribadeo polo momento non vin cerrar ningunha, e coido que se miramos un ano para atrás, téñense aberto dúas, mentras en Barreiros se superpoblaba o ceo de grúas.
Parece que a construcción en Ribadeo parou, pero a nova de que chegaron a un acordo para suprimir o pleno do luns déixame perplexo, e mesmo me fai dubidar de que en Ribadeo o tema inmobiliario vaia a sufrir un parón de ilegalidade. Resulta que despois de pedir un novo pleno por UPRi e PSOE e non ser concedido, forzalo legalmente e ser convocado ó límite polo Secretario, hai unha reunión previa e ... desconvócase. Pero non só eso. Acordan non falar nada cando antes parecía que todo o mundo falaba, e ademáis, non saen falando direitamente, pero os promotores do pleno declaran que foron eles quenes trouxeron as cousas ó rego, cando todo parece indicar que foi máis ben ó revés, qui ó último momento decidiron voltar os pés ó testo. O caso é que se prevé unha legalización. E coas cousas como as vexo (sen todos os datos que poden saber a estas alturas os concelleiros despois de diversos informes e asesoramentos) todo indica que se vai facer unha regularización duna ilegalidade sen 'penitencia'. É dicir, dando a imaxe de novo de que se poden facer ilegalidades, pois ó final xa se resolverá. Ogallá me equivoque.
As fotos, da caída de follas no Xardín de Sela e dunha regandixa curiosa á beira do polideortivo novo.
Etiquetas:
economía,
Fotos Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario