20071127

Barreiros e unha lembranza da pegada ecolóxica como segunda de hoxe


A poboación de Barreiros decrece máis lentamente, pero decrece. O bum da construcción que segue non implica que se reteña xente do concello, que se vai vivir a outros lugares, como Ribadeo. Tampouco leva implicado unha rebaixa no prezo das construccións, algo que xa teño comentado no blog. E parece que tampouco leva aparexado un aumento significativo de servizos. É dicir, máis do típico pan para hoxe, fame para mañá, e os veciños decátanse perfectamente.
A construcción parece estar tamén moi relacionada coa cantidade de recursos 'per cápita' consumidos no planeta. Segundo o New Scientist do día 3 deste mes, necesitaríase case media Terra máis da que se dispón para que poidera caber a pegada ecolóxica da humanidade. É dicir, estamos a consumir recursos renovables a unha velocidade un 40% superior ó que a Terra é capaz de facer esa renovación. De aí que se esteña a sufrir cousas tan dispares como o esgotamento das pesquerías ou o emponzoñamento da atmosfera con dióxido de carbono. Chamoume a atención tamén que no estudo correspondente, na p.13 de revista, só se considere un país en todo o mundo con desenvolvemento mantible: Cuba.
A foto continúa as de os estorninos, o balcón e a lúa en Ribadeo e o seu vídeo cos estorninos facendo figuras en bandada.
E unha cousa curiosa por final: Marsop remata de reseñar as procuras por Ribadeo en Google. A pauta coincide cun pico forte a comezos de verán...

Ningún comentario: