20071126

Comezando a semana cunha cita dun cómic


"Nun mundo perfecto, ninguén debería poder usar nada". Dito polo técnico de seguridade preventiva de
Dilbert, realizado por un profesional criado na América da 'seguridade infinita' fronte ó terrorismo, por exemplo. A América que contribué a que (tamén por exemplo), se esteña a cerrar Mirasol...
Unha cita entre tautolóxica e idiota para o comezo da semana na que se lembra que se levantamos normas absurdas tentando un ideal, voltarase contra nós e esto será a nada. Entre o ideal e o desmadre alegal, un medio. Non perfecto, pero manexable, é o que promete, con esforzo, calquera lei cun pouco de sentidiño. E ese esforzo inclúe a aplicación da mesma día a día, a súa vixiancia para que non sexa papel mollado, e tamén para que non sexa unha cárcere.
E tamén explica, de xeito subsidiario, aquelo de 'quen fixo a lei fixo a trampa', pois ó non haber lei perfecta por inaplicable, quedan resquicios 'aproveitables' por quen a coñece mellor e ten os medios necesarios, que será en principio, quen a fixo.
Tanto en seguridade como no achegamento ó cero absoluto (por seguir a poñer exemplos 'moi parellos' os rendementos de aplicación dunha norma son cada vez menores, deixando de pagar a pena e voltándose absurdos a non ser como sinxela experimentación para ver que pasa (caso da temperatura) ou como manexo social interesado (caso da seguridade)
A foto, de xeito correspondente, das obras para tirar os galpóns en Mirasol e facer unha vía alternativa ó paso do porto, e poder pechalo sen moita protesta (ou con excusas pafra ela) a partir das normas norteamericanas inducidas pola loita 'infinita' co terrorismo.

Ningún comentario: