Atópome con fotos de máis para poñer hoxe: irán 6 imaxes, todas (case) de obras. Por iso comezo pola variación, unha exposición de instrumentos realizados polos alumnos da escola de música. Polo dito, só poño a portada, non o interior. Quen quera ver os 70 instrumentos construídos, xa ten referencia.
Pode que a música deles calme as obras a algúns. En concreto, as que xa se están (re)comezando no peirao de Mirasol para derrubar os antigos almacéns. Quen quera ver porto cunhas construccións que levan aí unhas cantas décadas, que non se despiste, coido que nesta semana desaparecerán (alomenos se seguen co ritmo inicial e non esperan desaloxos de locais). E comezará despois a 'circunvalación' do porto e o funcionamento das vallas (unha volta que se repoñan parte das xa instaldas, que sufriron danos e que houbo que retirar para comezar o derrube...
As outras son xa 'vellas': do parque e de Ramón González, para ir vendo a evolución.
Mentras, a prensa da novas de que se está intentando que Ribadeo teña no polígono industrial (e non parece ser unha broma o de que terá polígono) unha estación de mercadorías. Tamé, de que os alcalde queren facilitar a matriculación dos alumnos nun centro calquera, non importando onde se resida ... posiblemente para fomentar a competencia e a calidade? E dando nota de que cáritas diocesana (que inclúe no seu territorio de actuación Ribadeo) denuncia que cada vez hai máis xente na zona que non pode acceder a unha vivenda. Cabe dicir eso de ¿Por que será?
Ningún comentario:
Publicar un comentario