Hoxe as novas teñen para min certo aire de 'internas'. Unha delas, o paseo organizado polo Tesón ó Castro das Grobas, xa ten post. Outra é a da presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde á seguinte nota de prensa:
Resume de datos sobre a feira de ciencia:
Organizan:IES Porta da Auga + Asociación Cultural Xerfa
Subvencionan:
Semana da Ciencia + Ano da ciencia 2007 + Dir. Xeral de investigación, desenvolvemento e innovación Xunta Galicia (prog. Diverciencia)
Data, lugar e hora:
IES Porta da Auga, Ribadeo
14 e 15 de novembro
16-20h.
Traballos previstos:
Cogomelos (exposición previa, 7-9 nov.)
Convección
Aceleracións inerciais
Timbre salgado
Variables dos tornados
Depósitos fluviais
Tensión superficial
O motor eléctrico máis sinxelo
O punto cego
Flota ou mergúllese?
Estudo da dilatación dos metais
Experiencias con nitróxeno
Mesa de billar trucada
Dermatoglifos
Modelos xeolóxicos
A idade dos peixes
Diafragma: músculo respiratorio
O baile dos confites
O globo faquir
Participantes:
Diversos alumnos do centro
Obxectivos:
Extender a comprensión e o interese pola ciencia
--Claro que non son as únicas noticias: O concello ten preparados os orzamentos, que representan un 18% máis de gasto de persoal, que representan máis do 42%. A distribución orzamentaria sempre é interesante.
Asemade, vai a haber reformas no Parque de san Francisco, que en relación a outras, diría que son 'de lavado de cara', aínda que se notarán por parte de quenes camiñamos por el, pois vai dirixido en parte á calzada destrozada da antiga estrada. Por certo, inclúen a retirada dun monumento da época de Franco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario