20071104

Novidades en Ribadeo


Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores Galeusca, xuntanza de galegos, vascos e cataláns escritores, para ter algo de máis relevancia.
Chámame a atención que non haxa nos diarios (alomenos en versión internet) reseña da presentación de onte do libro de toponimia. Claro que unha presentación así pode ser considerada minoritaria. A foto corresponde a un momento no que o autor estaba reseñando algunha das características do libro,do que expuxo sucintamente a súa xénese, os seus obxectivos, o método de traballo, ... ilustrándoo con algún exemplo concreto tomado do mesmo. Antes del eu fixen unha primeira introducción ó autor, ó tema e ó libro, e Marcelino Zapico puxo unha base de tipo sociolóxico lembrando por exemplo as estruturas que aínda perviven no rural e que serven como axuda á comprensión do mantemento dalgunhas verbas contempladas e explicadas no libro. O público mediou o salón da Casa das Letras, pero puiden comprobar despois de saír que, a pesar dos carteis anunciadores, houbo xente interesada que non se enterou.

Ningún comentario: