20071119
Para comezar a semana, comparemos
Atopei onte, a parte da carta xa publicada en 'Unha entrada da prensa', outras dúas cousas a mencionar nos medios impresos, neste caso, o El Progreso.
A primeira coido que é un escaparate político. Trátase de que en Viveiro están tamén a voltas co imposto de plusvalía que se tratou no último pleno e que en Ribadeo só foi apoiado polo BNG e rexeitado polos outros grupos, co cal alomenos de momento non se aplicará. Pero en Viveiro o goberno municipal é do PSOE, que o quere sacar adiante. Que diferencia hai entre ambos concellos para que o mesmo partido (supónse que as mesmas ideas) que votou en contra aquí sexa quen o está a impulsar alí? Algo máis que a oportunidade política?
O segundo a reseñar é sobre os horarios nouturnos. En Burela hai programada unha campaña sobre a súa aplicación que é louvada máis ou menos nun artigo de opinión na p. 18 de A Mariña. Para min eso significa dúas cousas. A primeira, que polo momento non se aplican de xeito adecuado. A segunda, que o plan non é malo (vai paso a paso, dun xeito civilizado, procurando a unión de forzas municipais coa Guardia Civil, etc). Pero non significa que se teña unha vontade de aplicación, que é polo que fallan estas cousas. E non vexo que vaia acompañado do correspondente anexo para a reducción de ruído mentras os locais están abertos e aínda despois.
A foto, dun local público que se construíu para logo ter un mantemento deficitario, o que conduxo a que a única vez que se usou non servira para moito. O forte de san Damián tivo unha vida así. Pero parece que non sirve de exemplo para a actualidade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario