20071111

Paseo ó castro das Grobas. Nota de prensa de O Tesón




Na tarde do sábado 10 de novembro, un grupo de persoas acudiron á cita da AVV O Tesón de Ribadeo para facer un paseo ata o Castro de As Grobas, en Vilaselán. Este segundo paseo, un ano despois do primeiro, compartiu a mesma finalidade: difundir a existencia do castro e o seu estado actual, na procura de que sexa analizado, tido en conta para as actuacións pertinentes e, como se di agora, 'posto en valor'. A tarde propiciou unha pequena visita antes de chegar á localización do castro, á desembocadura do río de Vilaselán. Unha vez nas Grobas, pasado o primeiro foso, houbo unha pequena explicación sobre o lugar, previa a un paseo polo contorno no que se puido apreciar ademáis a costa da ínsua e unha magnífica vista sobre toda a zona.
Asemade, foron repartidas follas informativas sobre diversos aspectos do castro.
O grupo separouse ó chegar de novo á estación de autobuses, segundo o horario previsto, ás seis da tarde e despois dun agradable paseo.
Adxúntanse varias fotos do paseo

Ningún comentario: