20071113

Pleno ó 13 (III)

    A esta hora xa non só está posta en internet a primeira parte deste artigo en Ribadeando, ou a emenda da UPRi en 'Ribadeo historia', e unha crónica do pleno en A vida político-social en Ribadeo, que recomendo. Non obstante, coido que aínda queda moito por dicir. Cousas mesmo que non sairán na acta (que algún día espero sexa pública en internet, porque ma pasen para publicar, a publique o concello de por si ou por outro método).
    Ben, despois do punto noveno, naturalmente, veu a luz o 10º, moción da UPRi para o plan de residuos urbanos. Xa non asistín, e remítome á ligazón que puxen antes. Pero eso non quere dicir que non de a impresión que a única oposición que 'fai os deberes' ben ou mal, é dicir, que traballa a oposición, sexa a UPRi.
    O 11º, rogos e preguntas, alongouse ata a media noite. E logo, as respostas ás preguntas de O Tesón, que en síntese, segundo me transmitiron, foron (transcribo as preguntas primeiro):
    1.En relación ó horario de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, que foi ampliado algún tempo a finais do verán e de novo segue a ter tempo de uso abondo reducido para os escolares e para o público en xeral, solicitamos coñecer se hai algún estudo de necesidades de ampliación de horario, como se vai afrontar dita necesidade.
    Fará un estudo para ver a posibilidade de ampliación de horario.
    2.Ante a esaxerada ocupación de espazo público que moitas veces supoñen as terrazas en determinados lugares da nosa vila, solicitamos coñecer os criterios de asignación e concesión de espazo, se existe ordenanza adecuada e se aplica, e en particular se teñen en conta a disposición de solo para uso doutras actividades non lucrativas como pode ser sinxelamente camiñar ou xogar, así como se hai disposto algún mecanismo de corrección en caso de abuso.
    Di non saber a que nos referimos no caso das terrazas.
    3.Despois de ter pedido a tódolos grupos do consistorio a creación dun Regulamento de Participación Cidadá, algo que o propio BNG está a pedir en lugares onde non goberna, solicitamos coñecer se o goberno municipal está levando a cabo ou ten pensado desenvolver algunha iniciativa neste sentido.
    Di que a sua intención é a de facer un Regulamento de Participación Cidadá.
    ... En fin, seguiremos con isto do pleno ó 13 noutro momento.

--

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (... e fin)

 

Ningún comentario: