Xa aviso: é unha primeira parte.
O pleno de onte foi longo e requerirá alomenos doutra entrada. 11 puntos entre os que se atopaban os orzamentos do 2007 deron abondo xogo, e seguían cando abandonei camiño das 11.
Foi un pleno sen crispación, moderado, pero no que se deu a circunstancia do punto 9º, por exemplo, que non deixa de ser curiosa polo que apunta do funcionamento do concello. Discutíase a cesión do manexo do punto limpo a Urbaser, primada por Novotec, a empresa consultora encargada do tema, sobre unha unión temporal de empresas (UTE) de Coto e Isolux Corsan.
Sae unha emenda de UPRi (que espero conseguir para poñer en Ribadeo historia) onde se poñen de manifesto diversas irregularidades, dende a concesión de puntos inadecuada, pasando por contas (asignación diferente) diferentes en diferentes partes do estudo, despois de comezar porque a empresa primada, Urbaser, non aparece como xestor autorizado de todos os tipos de residuos que se requería nas bases, e que segundo parece era cousa obxecto de revisión polo concello, segundo argumenta no seu documento Novotec, e non repasa. É dicir, non hai unha inspección previa polo concello. Foi unha argumentación longa, onde caían unha irregularidade despois de outra, e que rematou coa proposta de concesión á UTE, e que motivou que o alcalde propuxera a retirada do punto da orde do día.
Tomouse un receso a instancias de Balbino (PSOE) para deliberar os portavoces e voltaron despois dun bo cacho para decidir retirala. No medio, o concellal de Medio ambiente tiña chamado segundo dixo ó representante de Novotec, que se amosou estrañado, algo que foi considerado por Andina fóra de lugar.
Na retirada, Coto, presente na sala, saíu facendo comentarios. Cara ó futuro, non sei por onde sairá, pero esto non creo que quede así. Trece persoas estaban de público, o mesmo número que electos.
E pasouse das 10, o que incrementará emolumentos dos funcionarios presentes.
Por certo, que despois dos comentarios á entrada de onte, teño que axustar o dito alí, pois sáeme un soldo medio mensual para o Secretario, quen máis debe cobrar no concello, superior ós 6000€ (é dicir, máis de 1 000 000 de pts), dietas a parte, o que fai se mal non me lembro, alomenos unhas tres veces o correspondente ó alcalde.
--
O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:
Pleno ó 13 (... e fin)
Ningún comentario:
Publicar un comentario