20071112
Sen cidadáns na rúa non hai revolución. Con eles pódese cambiar o curso da historia
A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como 'profesional'. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós cidadáns en saír á rúa por riba dos medos que invaden á cidadanía ós cambios, e ó poder establecido que teñen enfronte para logralos. Non deixa de asombrarme que fora posible o levantamento do pobo en situacións como as revolucións de Birmania, actualmente, ou de Solirariedade en Polonia hai varias décadas, por poñer só dous exemplos. E é que enfrontarse ó de todos os días, que aínda por riba está protexido polo poder establecido con todos os seus recursos, non é doado: hai unha barreira sicolóxica que vencer para dar o paso, a parte de chegar ó convencemento de que as cousas se poden cambiar.
Hoxe hai pleno en Ribadeo. Como lugar onde se decide moitas cousas sobre a cidadanía, un pleno debería contar cunha audiencia grande aínda nos casos máis anodinos. Dende hai un quinquenio que os sigo con certa asiduidade, raro é o pleno no que a audiencia sobrepasa o número de edís. Esta noite váise tratar do orzamento municipal. E xa sería unha pequena 'revolución' que o salón de plenos estivera cheo. Que a mesma interventora avise de que o orzamento (por certo, xa gastado na súa grande maioría, pois é o correspondente a este ano) aumenta unha débeda xa preocupante, parece caer sobre mollado. Que o secretario poda gañar máis do doble que o alcalde (dietas a parte, segundo parece; algo a confirmar) pasa como normal e desapercibido por aquelo de que os soldos son secretos e inviolables. Que poda estar comprometido no futuro soldo de ascensorista e mantemento de ascensor na Atalaia dise que non é deste orzamento. E así sucesivamente. E dicir o que estou dicindo tamén pode ser revolucionario e mesmo terrorista ou reaccionario (os calificativos, por contradictorios que sexan, son doados de aplicar)
Vémonos esta note no pleno?
Etiquetas:
filosofía,
Fotos ría de Ribadeo,
orzamentos,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Para nada son secretos os soldos dos que traballan na función pública. Dende a publicación dos convenios-acordos, ata a exposición pública dos Presupostos onde se pode examina-lo capitulo de Persoal. O pobo debe coñecer o que cobran os traballadores do Concello.
Discriminados
agradeceríase o ter máis datos sobre o que puxen, se é posible dar indicacións de onde aotopalo, por exemplo.
Aumentando os tantos por cen de suba dende o ano de publicación 2004, Enlace
Dende a paxina 9 un pode ver a descripción de cada posto co grupo a que pertence e os complementos especifico e de destino,Na primeira paxina explica o soldo como se aplica por grupos e anual.Na segunda os niveis de CD tamen anuais e na 3ª a productividade (cobran mais os grupos baixos ( e dicir os que menos cobran por outros conceptos) xa que traballan mais e asi se recoñece)e tamen establece as gratificacións aunque para algun de nos é un misterio saber canto se recibe por ese concepto.
Discriminados
Publicar un comentario