Coido que debo poñer unha ligazón a unha reseña (que leva logo a un artigo enteiro se se quere) sobre incongruencias que se están a permitir pola sociedade, ó pasar dos dereitos propios, que se dilapidan como os herdeiros dilapidan ás veces o capital gañado con moito traballo polos seus antecesores. O que me leva a poñelo non é a súa estreita relación con Ribadeo, senón cos dereitos, tamén, dos ribadenses actuais e do futuro. Lembroume aquel poema de Martin Niemöller, teólogo protestante que loitou contra o nazismo polo pacifismo e ecumenismo:
Primeiro viñeron polo comunistas,
pero eu non era comunista,
non alcei a voz.
Logo viñeron polos socialistas e os sindicalistas,
pero, como como eu non era ningunha das dúas cousas,
tampouco alcei a voz.
Despois viñeron polos xudeus,
e como eu non son xudeu,
tampouco alcei a voz.
E cando viñeron a por min,
xa non quedaba ninguén que alzara a voz
para defenderme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario