20071116

Una semana sen novas

Despois de rematar onte o relato do pleno, e obviar os rifirafes posteriores basados sobre todo en torno á petición de dimisión do concellal de Medio Ambiente e a contraréplica, poucas novidades atopo na semana.
Segue coleando non embargantes algo xa vello nos xulgados: o acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario no concello. Interposto por un sindicato, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen entrar no fondo da cuestión, declara a inadmisión do recurso. a razón, que o sindicato non ten capacidade para interpolo. Non son moi hábil interpretando sentencias, e menos a traverso da interpretción da prensa, pero sóname a algo así como a non poder denunciar un asesinato por non ser o morto, e polo tanto, non entrar en consideración sobre se foi asesinato.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿Qué pasará coas cantidades millonarias que se estiveron pagando por Resolución do anterior Alcalde? ¿Como se estaban pagando esas cantidades?
No 2004 anulouse o convenio-acordo, o Tribunal do Social sen entrar en detalles, deu paso o convenio tras os recursos presentados polos sindicatos. Agora e a inversa pero estabase aplicando para os que mais cobraban ¿Qué pasará? Discriminados