20071120

Xa me lembrei: ATTAC

Xa me lembrei a que me soaba o imposto que non progresou no pleno e que se debate tamén en Viveiro: á taxa internacional sobre transaccións para axuda ós cidadáns. É unha taxa que pretende gravar mínimamente os cambios internacionais de moeda que están a contribuír a destartalar a economía produtiva mundial (en beneficio das grandes finanzas que poden permitirse o facer estes cambios debido ós recursos que teñen). Xurdiu hai cousa de dez anos e polo momento segue a ser unha idea tan só, pero collendo adeptos. Algo polo estilo é a taxa que se pretendía aquí. Claro que hai unha diferencia grande ademáis do factor da escala e as porcentaxes propostas: na taxa internacional está incluído o seu destino particular, centrado no desenvolvemento dos países pobres. No caso municipal serviría para incrementar os ingresos conxuntos do concello, esteñan ou non gastados dun xeito adecuado ou mesmo controlado adecuadamente. E é unha diferencia importante aínda que non incida sobre o feito de que é unha taxa antiespeculación.
Mentras, xa hai novas acusacións entre os electos ribadenses. Como destaquei nun post anterior, xa o representante do PP acusou a PSOE e UPRi do mesmo que me causou sorpresa a min daquela: de falar cando acordaran non facelo e de non ser verdade as medallas que se colgaron. Mentras, o goberno municipal segue incólume e perfílase non só como o que traballou o tema senón tamén como o que vai sair victorioso del.
... E parece que despois de moito tempo de derrochar auga, estamos ante o comezo dun cambio de mentalidade debido á seca que hai. Ribadeo non parece estar moi afectado polo momento, pero si Galicia en xeral. E non quedaremos fóra da tendencia. Xa non é só preguntar de onde se vai sacar auga para as urbanizacións de Barreiros. É por exemplo preguntar como se van a poder rexerar os pozos e fontes contaminadas de purín porque van facer falla. Mentras, a contaminación segue aínda que a Agricultura lle coste dicilo claramente por ser un problema que implica cambios de constumes, inversión, ... Pero agora si que está claro que a agua tamén é un problema na nosa terra. E non só porque poda haber moita, senón pola escasez de auga potable.

Ningún comentario: