20071218

Avistada a Navarret



Disfrutemos mentras podamos. Onte á tarde collín a volta da Navarret na Illa Pancha, xusto antes de entrar na ría. Ningún barco máis no horizonte próximo, encadrada entre a Pancha e a península, seguida de gaivotas, primeiro ocorréuseme que traía boa pesca, e logo a imaxe propia da volta en solitario, exceptuadas as delatoras aves. Idílico mentras a crise da pesca non fai máis que subir e agora mesmo hai unha disputa coa UE a conto das cotas a recoller de diversas pesquerías.
E a nova é que non hai novas. Levamos unha tempada suave onde parece que vivimos no mellor dos mundos (esa é unha sinal: que non hai novas), e hai que recoñecer que non é nada malo en comparación con outros, pero tamén que se pode mellorar moito, ou que se nos despistamos, esto pode empeorar de xeito rápido. E diso dan conta as pequenas novas que se apunta a prensa: unha nova comunicación da Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo sobre o nome, rexeitando imposicións que queren cambialo por intereses políticos do Principado e outra sobre que debido ó frío hai que botar sal nas estradas. Frío que por certo xa minguou, pois agora mesmo, 8 da mañá, o termómetro exterior marca 8ºC, uns cantos máis que antonte.
As fotos, de obras, xa teñen varios días e pertencen á r/ Ramón González e ó Paseo do Parque. Mañá poñerei (espero) da foto do calexón que leva varios anos pechado por unha obra, por fin aberto.

Ningún comentario: