20071220
Cinco días
Como segunda de hoxe (ver a primeira), un tema que remato de ver na prensa.
Ata o 27 (pode que polo tema dos Santos Inocentes, para que non se confunda) teñen as asociacións sen ánimo de lucro para pedir subvencións ...polas actividades xa realizadas. O convocante, o concello de Ribadeo.
É unha tendencia que non comprendo, pero que non aplica só o concello de Ribadeo. Primeiro hai que realizar as actividades 'a cegas' e logo, de presa e correndo, se te enteras, pedir a subvención. Eso implica ter cartos de xeito previo e tempo para facer os trámites cando se te presentan, entre outras cousas, co que coido que ó final os cartos que sexan non se reparten entre os máis necesitados senón entre os máis preparados para recibilos, cousa ben diferente.
Sobre as fotos xa falei. Unha da nova barreira no xardín para protexer que a xente non pase nunha zona próxima á Virxe do Camiño, o que ameazaba ó xardín alí. A outra, o calexón da antiga vía do ferrocarril recén liberado, tan recén que coido que a xente non o sabe aínda e non se atreve aínda a pasar por alí (cara ó fondo aínda ten algo na beira); é dicir, por fin, a recuperación dun espazo público como agasallo de Nadal ó pobo de Ribadeo.
Etiquetas:
ferrocarril,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario