Ou si. Non me poñerei hoxe filosófico por eso de que é domingo. Tampouco hoxe irán fotos, despois destes día poñer abondas e pensar en seguir.
Hai xa días lin nun periódico que os Gates se propoñían erradicar a polio (mielitis). E xurdíronme diversos pensamentos: Como non pensaron neso antes? como pode haber unha parella tan poderosa como pensar neso por si sós? É lóxico (xa non ético) que algúen poda acumular en parte da súa vida tantos cartos? ... e moitas máis.
Mentras, en Ribadeo pensábase (quen o pensaba?) nun 'Nadal mantible', se eso existe e cando parece que hai unha contradición interna entre pensamentos e actitudes.
Apúntome por eso a unha entrevista que trae hoxe a Voz á Mª Luisa, da Librería Santiago / Casa das Letras.
E tamén, nesta entrada de hoxe domingo, vou festexar a un amigo da xuventude, Alfonso Carrasco Rouco, ós fregueses de quen xa felicitei polo seu novo posto. Eso de ser bispo de Lugo coido que o vai facer ben: aínda que eu non sexa da súa diócese (equivalente a dicir que non coñezo a problemática nin me achego moito ós actos correspondentes), coñezo ó persoeiro e confío nel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario