Xa falei noutro momento de Google trends, que se pode usar aquí (cousa que non sinalara antes).
Agora, vía Marsop, dou conta de Google fight, onde podemos poñer a 'loitar' as veces que dúas verbas (ou frases) se atopan na rede. Pódese comparar, por exemplo, 'ribadeando' con 'ría de Ribadeo'. Un só detalle: en ámbalasdúas referencias é diferente poñer 'ría de Ribadeo' que ria de Ribadeo, entendendo no segundo caso que as palabras poden atoparse soltas na páxina que se procura, co que obteremos maior número de resultados. Comparar así, por exemplo, 'ría de Ribadeo' con ría de Ribadeo (por certo, non esperemos unha extema fiabilidade destes sitios...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario