20071211

E a ría de Ribadeo foi unha festa






Na realidade, eso foi domingo (onde se anunciaron ondas de ata 9m no mar, non no interior das rías, e por aí andarían), pero as fotos son máis ben da resaca desa festa, do luns, e non quedaron moi aló (a parte de que están sacadas coa marea a media altura, e todos sabemos que as ondas na ría entran mellor en marea alta)... pero serven para dar unha idea, con esta pegada vendo como unha onda choca co novo faro das Carrallas do que se ve a punta na final. A xente apiñouse a ver o espectáculo, e repetiu luns de xeito menos numeroso (e menos espectacular). Tamén serven para dar unha idea de por que estivo amarrada a flota (a pesares de que onte pola mañá, luns, un barco de carga deu entrado en porto)
Festa tamén a que se pegaron lobos en Piñeira segundo di a prensa, ó matar un animal.
E aínda festa adiantando o Nadal co mercado en Ribadeo, polo que din que pasaron 10000 persoas. Se contamos as repes, non andará moi descamiñada a cousa. Pero chama a atención que tamén diga hoxe a prensa que a ocupación hostaleira na ponte foi do 50% na Mariña. Paréceme algo contradictorio despois de ver o ambiente. En todo caso, os propietarios dos pisos deberon de vir todos para compensar...

1 comentario:

agremon dixo...

Un par de correccións:
* unha volta visto como queodu o becerro nunha foto, eu diría que de lobos, nada.
* Sobre a ocupación hosteleira, Progreso e Voz contrdínse; a nova que recollo é a da Voz, e eu estou máis de acordo coa orientación do Progreso, que lle asigna unha ocupación abondo maior.