20071224

Esquecíaseme: agasallo de Nadal

Despois da felicitación, esquecíaseme o agasallo: para os ribadenses, a ría de Ribadeo deixounos alomenos un agasallo hoxe mesmo, a reducción dun tesón ó quedar constituído nun en marea baixa os dous de Mirasol - Vilavella, para pasar a ser o de Mirasol e Vilavella, dende o que se pode pasar a terra firme polo Costal sen mollar as unllas dos pés en marea baixa. Poderase comprobar mañá entre 11 e 11:30, se as condicións de vento e demáis son propicias. A foto, polo momento está por sacar.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Animo temos que deixar constancia das nosas queixas os que gobernan as institucions.

Aproveito para deixar constancia do meu blog que penso pode ser unha boa ferramenta para meter en cintura a moita xente.

http://www.lacoctelera.com/galiciadenuncia

se non vos parece unha boa idea agradeceriavos que me dixerais porqué

saudos