20071227

A favor da cultura

A primeira das referencias de hoxe parecería que non ten que ver coa cultura: a asfalteira de Barres perde a súa licenza a mans da xustiza. O feito de outra agrupación veciñal se organice para defender ós veciños y logre éxitos, eso tamén é cultura. Non só as novelas e as cancións. Hai moita máis cultura por fóra, entre a que se atopa a das relacións interpresoais e a da solidariedade.
E a eso ven a segunda referencia. atópome nun xornal do domingo un manifesto de publicidade 'A favor da cultura': unha folla chea de nomes, que remata con un 'e millerios de autores, artistas, intérpretes, produtores e demáis traballadores da cultura.' A propaganda non é a favor da cultura, senón apoiando ós que tres días antes (só 3 días para organizar a tanta xente, da que aparecen só 'uns cantos' nomes?) votaro a favor do canon. é dicir. Algo así como agora xa temos os cartos porque somos bós e nolos merecemos. Coa nota de que os cartos son nosos que irán parar ós seus petos sen que teñan que facer nada para conseguilos máis que estár rexistrados nunha sociedade de autores (que obviamente foi quen pagou a propaganda) a conta de ter rexistrado algo cultural e telo sabido vender. Que a nós non nos interese para nada porque é hip-hop e nos gusta a música clásica, ou viceversa, ou non nos gusta ningunha ninguha das dúas, ou sinxelamente queremos o usb para levar traballo a casa non significa nada: tanto o autor do hip-hop correspondente como o que o ú nico que fixo foi poñer o silencio ese que non nos gusta na partitura de Mozart cobrarán.
Hai, dentro das entidades que según se di na folla citada 'apoian a cultura', unha que me chamou a atención: "Amiguetes entertainment, S.L.". Chamouma porque parece unha especie de paradigma do tema: o canon irá a unha serie de amiguetes que entreñen porque non hai outra cousa, non teñen competencia, ó tempo que por ser eso, amiguetes, non deixan entrar non negocio a outros que poideran desbancalos (sexan autores, discográficas, editoriais, ...).

Ningún comentario: