20071207

Ribadeo segue caendo









Hai xa preto de dous anos que saíu 'Ribadeo falls', e parece que fora onte: Ribadeo en moitos lugares segue sendo un desastre parello, e nalgúns outros, aínda peor. O entorno da Praza de Abaixo coido que se merece outra cousa. O Colexio (a pedra do balcón foi referida no blog a semana pasada) e a casa veciña, na r/Trinidad, o cine Colón e o edificio dos Moreno ou a casa que fai esquina con Amando Pérez son exemplos para non ter en conta. Debe haber no blog hai cousa de dous anos unha referencia relativamente extensa a unha normativa a cumprir que foi levada adiante polo actual alcalde e que pretendía ser unha ferramenta para que edificios deste tipo (e máis chamativos, do tipo da Torre dos Moreno, que poñerei máis adiante) foran recuperados. En troques, soliviantou ós veciños que teñen as casas mantidas e non amañou (ao menos polo momento) o tema. Mágoa...
Seguiremos.

4 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Antonio
Buen reportaje. Ya comentamos alguna vez sobre un instrumento en manos de las corporaciones locales que es la "accion sustitutoria". El ayuntamiento acomete las obras imprescindibles que la propiedad no quiere o no puede ejecutar y se cobra mediante herramientas concursales, incluidas subastas del bien.
Seguiremos hablando

Atalaia dixo...

Os edificios desocupados anos e anos e os solares sen edificar eran obxecto de propostas nas primeiras propostas electorais tras a legalizacion dos partidos politicos. As promesas de esquerdas quedaron neso en promesas.
A parte vella consta de edificios arranxados e esos edificios ruinosos nos que o Concello pode intervir cunha simple Declaración de Ruina. Asi o fixo algun alcalde no pasado recente.
A parte de balconada que falta no Colexio Sagrado Corazón foi debido a un camión. Soupose polo corte, sabese por comentarios de viciños que o presenciaron.
Discriminados

Ángel de Olavide dixo...

hace unas semanas informaste que el ayuntamiento habia descartado implantar el impuesto de plusvalias por la oposición del vecindario. Ignoro las politicas de gastos del ayuntamiento de Ribadeo, no puedo opinar. Pero en cuanto a las politicas de ingresos fiscales renunciar a implantar ese impuesto me parece irrazonable. No es que ficalmente sea un impuesto finalista, es decir que directamente tenga que ser utilizado solo o exclusivamente en algun tipo de gasto determinado pero la lógica dicta que precisamente es el impuesto adecuado para fines de mejora del espacio urbano y para la protección de edificios.

Mariano Grueiro dixo...

E unha grande inxustiza.
Teria que ser ilegal algo que non e ético. Non e ético que uns usureiros especulen coa vivenda mentras un teña que emigrar porque a cousa anda imposible. E cando voltas, ves que a cousa sigue igual. Cando non habia móbiles, os prefixos eran case sempre un 91 de Madrid.
Sorte que en Madrid non son tan imbéciles, pero parece que os máis imbéciles de Madrid se xuntaran para especular en Ribadeo.
E mentres, os políticos ribadenses, ¿Qué fan? Logo inda diran que andamos emigrados porque queremos...andamos emigrados porque isto segue a ser unha cacidada quinindiola!