20080114

"Comparado co totalitarismo, é un grande progreso: é moito máis agradable soportar a publicidade que estar nunha sá de torturas"

..."Agora ben, ,neste mundo exsiten institucións tiránicas, as grandes empresas.son o máis parello que hai a institucións totalitarias. Non teñen que render contas ó público, á sociedade. Actúan como depredadores "..." Para defenderse, a poboación só dispón dun instrumento: o estado. Pero iste non é un escudo moi eficaz, pois en xeral está estreitamente vinculado ós depredadores"...
Tanto o título como a cita anterior corresponden a citas dun artigo de Noam Chomsky, 'La América rebelde'.
Onte fixen un pequeno reconto ó pasar por Barreiros: 24 grúas, 16 mal recollidas, sen contar cunhas cantas 'amnistiadas' no reconto. As mal recollidas, unhas por ter cousas colgando, outras por non ter o gancho achegado o máximo á torre, outras por ambas, incluso unha non estaba 'en estación', é dicir, con xiro libre para ofrecer a menor resistencia posible ó vento (facilmente observable por estar marcando unha dirección diferente ás outras todas (faltan as fotos, a ver se mañá). Por certo, que me chamou a atención que unha das mal dispostas tivera unha bandeira portuguesa no cúmio (algo que leva alí xa uns cantos días, que eu saiba). As 'amnistiadas' foron varias cunha cadea colgando, que non debera estar alí, pero que que é algo desprezable fronte a un carro con cousas metidas nel colgando e dando voltas co vento. Fixen o reconto despois de ver o outro día a nova na que alguén que lembraba á poboación que as grúas resistían o vento (a conto das ventoleiras dos días pasados) e que xiraban para ofrecer a menor resistencia a iste, algo que conectei co feito que puiden comprobar de que os mesmos gruístas en xeral teñen medo ó xefe e saltan as normas por ese medo.
E hoxe, pleno, o primeiro do 2008, no que se tentará a regularización (coido mellor que 'legalización') de edificios en Ribadeo. Para ir (e para lembar a derradeira parte da segunda entrada de onte).

Ningún comentario: