Coido que non é doada de comprender a relación entre o PSOE e Igrexa. Por unha beira, a discordia (na que coido ten máis razón o PSOE), por outra a concordia (na que leva o gato á auga a igrexa (esta, con minúsculas). Lóxico que agora Suárez conteste que el se ocupa de asuntos humanos, non divinos, referíndose ós contactos supostos de Balbino para que o Papa de a súa bendición a unha institución concreta en Ribadeo. Hai pouco eu diría algo así como 'incrible, pero certo'. Agora, tras a súa saída na prensa sei que é crible que un partido en principio laico nun estado aconfesional teña membros que se adican a contactar coa igrexa no exterior para dar bendicións a institucións dependentes de poderes públicos. Pero así é.
A doazón do Viejo Pancho do poema 'Pensando en ti, Lola' está a recibir unha atención mediática considerable. Diría que desproporcionada, pero o calibrar a importancia de sucesivas acións relacionadas co viejo Pancho que están a ter lugar escápaseme.
Así, prefiro dar un pouco máis de atención a unha contraofensiva: a de Adega dicindo que é Acuinor quen debera indemnizar ós veciños de Ribadeo, cunha lóxica ó meu ver aplastante, «Estabamos a defender unha aplicación dá lei igual para todos: se ou propietario do só non podía facer unha casa, un chalé ou un negocio por ser espazo protexido, non debería tampouco -por xustiza social- poder ninguén outro -por máis que se chame Álvarez Cascos- situar nese mesmo espazo unha piscifactoría». Pero a lóxica hai veces que non vai moi apegada ó dereito, e xa veremos.
Saltando dun tema a outro, dous comentarios finais a falta de máis tempo. Os estorninos hai tempo que voltaron, e pídese unha nova acción. Deixo deles unha foto e un vídeo que xa puxera en novembro.
Asemade, UPRi volta co seguemento dos pagos do concello (ver a entrada 'un pleno pacífico en Ribadeo'). A prensa é a prensa, e as novas repítense, pero a bendición do Papa ó asilo é algo novo, por máis que xa saíra a palestra a semana pasada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario