20080131

Nashville, Tennessee

Nashville é unha cidade norteamericana de medio millón de habitantes que non creo que visitaran moitos ribadenses. O seu alcume de 'capital da música' ten que ver con que pronto vaia ser visitada por un par máis. Fuji (alcume de Fernando Rodríguez Raño), e 'Pera', Javier Fernández Fernández, aqueles rapaces que comezaron a ilusionarse coa música con Hernán Naval, músicos da banda, profesores na escola de música, integrantes de Moondogs Blues Party, acaban de verse clasificados con esta última formación como 'semi-finalist in the 2007 International Songwriting Competition (ISC) for the song "Childhood Soul," in the Blues category'.
Mentras, en Ribadeo hai outra noticia en certo xeito oposta á anterior. Gaspar, o golfiño que anda percorrendo as rías galegas e recala estes últimos polas de Foz e Ribadeo foi nova porque membros do grupo el farero viron como axentes do Seprona (Guardia Civil) lles levantaban dúas denuncias, por bañarse no peirao deportivo e por molestar ó animal. Hai xa unha certa controversia, pois mesmo na radio eclesiástica parece que suxeriron a intervención do alcalde para solucionar o tema. O certo é que mesmo na prensa de onte saía nha foto de xente xogando con el en Foz, pero tamén o é que se comeza todo o mundo a facelo, o animal non o vai pasar ben. O obxectivo era facer un vídeo, e co material recollido faráse.
E de sancións segue, pois onte púxose outra na zona de Augas Santas a un vendedor ambulante que non tiña a tarxeta de manipulador de alimentos.
Remato cunha foto que máis parece de fin de antroido que de comezo: o cartel da comisión colgado do cine teatro despois de ser pechado o pasado domingo (despois da sesión de filloas para recadar cartos).