20080118

Pero, vai comezar a precampaña?


Estes días estou un pouco desconcertado: crin que estabamos dende hai tempo en plena campaña electoral e resulta que non, que estamos a comezar a precampaña (que por certo, como tal precampaña coido non é oficial). Parece lóxico, se as eleccións van ser en marzo (a iso nos van afacendo), pero...
Acompaño o comentario anterior con coutros curtos:
Deixo aquí a ligazón á valoración do pleno pasado por José Mª. É boa cousa ver diferentes opinións sobre un feito (aínda que a ligazón manteña unhas opinións semellantes ás miñas), como neste caso sobre o pleno a prensa 'oficial' e os blog.
O alcalde deixa a instalación dun novo local nouturno (esta noite será a inauguración) mentras me entero doutra persoa que necesita pastillas para poder durmir e logo traballar. É iso un compromiso dun alcalde, unha aceptación dunha sentencia, o desenvolvemento da responsabilidade cara a un pobo?
Segundo parece, días atrás o alcalde mandou parar unha obra que estaba a comezar na r/Ramón González. A ver se con eso se evita un novo problema urbanístico, ó estar comezando.
A foto, de lixo na esquina Viejo Pancho-Ubaldo Pasarón y Lastra. Hai máis de 10 días que retiraron os contedores, desprazándoos ó calexón entre a Fonte vella e Rodríguez Murias, pero quitando o luns, que pareceu haber un certo refluxo (ilusión causada porque o luns non abre parte do comercio nin da hostalería), aí segue día tras día (retirada cada mañá polos recolledores a pesar de non estar depositada no seu sitio) botado por...
E tamén algo externo: a Bibloteca dixital hispana, que fai posible consultar unha morea de vellos textos na rede e espérase multiplicar por vinte nos próximos anos. E dela, pasei a outra que non coñecía: a Biblioteca dixital de Galicia, que tamén pode servir a máis dun para atopar algún libro ou doucmento.

Ningún comentario: