20080111

Unha pequena nota sobre a asamblea anual de Amadores

Non creo que lle valla de moito a ninguén: é unha pequena, desordeada e retrasada no tempo escolma da xuntanza de Amadores da Música (convocatoria referenciada o 20071227 en Ribadeo, Ribadeando). A comentar que a parte da mesa, fun o único que preguntei, e calei cousas porque xa se facía tarde e notaba a xente rebulir. Por eso, pola miña intervención e polo tempo pasado (que me fai esquecer o sentido das notas tomadas á presa), está misturada a información entre o que dixo a mesa, o que dixen eu, o que era afirmación, o que era comentario, ...
Uns 20 socios.
No futuro espérase que haxa cursiños de instrumentos
O préstamo dará paso ó aluguer de instrumentos. Sobre eso comentei que en troques de poñer un aluguer, era mellor que fora a conta das reparacións, o que estimularía a súa conservación.
Ténse pensado gravar un CD próximamente.
O campamento saldouse con números vermellos, e a viaxe á Sènia connúmeros negros. A falta de subvencións por chegar, queda un saldo de 17761€ na conta. Recibíronse / están apalabradas subvencións diversas do Concello, Xunta, Xacobeo, Caixa Galicia e Deputación.
No 2006 non houbo cartos para os músicos nin viaxe.
Mercáronse 6 CD do campamento.
O palco segue sen teito.
Musiqueando ía ser trimestral...
A páxina web din que está feita: http://www.amadoresdamusica.com
Faría falta un descanso para a convivencia dos músicos nos ensaios
Coido que gane a banda ou non nunha competición, o importante non é iso, senón que se veña contento coa labora realizada, e coido que foi o que pasou en 'La Sènia'
Eloxiei á directiva por seguir a sociedade con moitas actividades relativamente.
Dixen que me parecera boa idea integrar ós vellos músicos no concerto do verán.

2 comentarios:

ajaspino dixo...

Boeno, eu a verdade é que me houbese gostado asistir a asamblea. Intento ir a tódalas que poido, pero esta vez non puido ser.

Hai unhas cousas coas que non estou moi dacordo, aunque tamén supoño que si tomaron esas decisión sería por unha razón moi razoada.

1º O ano pasado beneficio de 17.761 €... paréceme unha pasada, noraboa á direitiva por ter os números en verdes ¿aunque tantos cartos pra que exactamente? Unha mágoa que non se recompensae aos músicos... unha verdadeira mágoa.

Noutros anos até se pedian créditos pra facer iso... eran poucos cartos a repartir, pero penso que a todos nos facía moita ilusión 'gañar' algo de cartos con isto da música.

Moi mal por isto. Tirón de orellas. Sobre todo, repito, polo 17.761€.

2º En troques de prestar os instrumentos alugalos??? queredes chegar aos 20.000 € pra poder pagar aos músicos a finais de ano.

Entendo que alugando os instrumentos asegúraste de duas cousas: que vaian a utilizalo e que o van cuidar algo máis. Pero como comenta o físico, penso que pagando as reparacións (e depende de cales) xa chegaría. Isto o digo porque haberá xente que os pide en préstamos por falla de cartos.

3º Que o campamento saia con números vermellos me parece perfecto con tal de que os asistentes quedaran contentos e aprenderan coa convivencia.

4º Que o palco sega sen teito é algo que me estrana. ¿canto custa? cerca dos 20.000€?

5º Eu non controlo moito de pax. web, pero no seu momento (fai coma uns 5 anos)presenteime coma voluntario a facela cobrando só o que me cobraba un colega progamador pra as BBDD (daquela só 50.000 pts). Hoxe ese traballo non baixaría dos 1000 e pico euros... (penso que me quedo moi curto).
Na anterior asamblea volvinme apresentar pra axudar a confeccionar a páxina (por suposto sen cobrar, como tódalas miñas colaboracións coa banda).

E hoxe vexo iso... esa 'cousa'... e non sei moi ben que pensar. Non é por criticar ao físico, pero a súa primiera páxina da banda (que diga el fai cantos anos) estaba case tan ben coma esta (e isto non cambia por anos, vai por meses). Tamén me gostaría saber canto se pagou a quen a fixo, canto se paga polo servidor, dominio, etc...

6º Moi boa idea o de arrexuntar aos músicos no concerto do verán. Moi boa idea, a verdade é que me emocionei moito. Pero moi moi mal organizado. Sinto moito ter que decir isto. Pero moitos compañeiros de atril ainda están esperando a que se lles envien as partituras que se quedaron en enviar. Outros (eu entre eles) viaxei a ribadeo un fin de semana que se supoñía que había ensaio. Cando cheguei atopei un letreiro avisando de que o ensaio estaba suspendido porque a banda ía de viaxe a un concerto... isto avísase que hai moitas cousas que facer.
Outra fin de semana o ensaio estaba non sei pra que hora... comezou unha hora e media despois por: "é que como os músicos de agora chegan sempre tarde".
Os de antes non... e logo haberá que preguntarse: ¿por que chegan tarde? ¿por que non se está á hora?

E penso que nada máis. Unha mágoa non ter estado aló pra facer directamente as preguntas; pero polo menos eiquí queda.

chenchu

agremon dixo...

Tentarei dicir algo...
1º O beneficio non foi ese: foi o superavit ó final do exercicio, que é abondo diferente, pois neste ano pasado parece que, á espera de subvencións, os números da conta baixaron lixeiramente.
2º N.C.
3º N.C.
4º Había un palco cuberto, como Chenchu ben sabe, pero non sei que foi del, e non me atrevín a preguntar este ano
5º Coido que o enderezo é o mesmo e co mesmo contido que o ano pasado, e non deixa de ser curioso que por exemplo as páxinas adicadas a Hernán só teñan o título, en castelán. Quen o fixo non o podo dicir, pero coido que na asamblea do pasado ano, na que estiveches, Chenchu, falouse algo diso.
6º N.C.
...Lamento non ter feito antes a entrada pafra ter os datos máis frescos e dar máis información.