Señores da Xunta.
Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre que o noitebús reduce a siniestralidade.
Non embargantes, unha subvención como a do noitebús vai direita a promocionar os desprazamentos da xente que non dispón de coche e carné de conducir, para facilitar o consumo nouturno de alcool e a producción de ruído molesta para os veciños, por exemplo. É unha subvención á movida con cartos públicos, aproveitando ademáis un sector da sociedade con factor de risco en relación á adquisición de hábitos de consumo de alcool.
Subvención que, ademáis e por exemplo, fai máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, con máis frecuencia de autobuses, ... de noite para a movida que de día para asistencia a consulta ó hospital.
Por favor, se estou equivocado, proporcionen os datos para que poda saír do meu erro...
1 comentario:
Estou completamente de acordo. Os efectos directos desta mala inversión son promover o consumo do alcohol. O resultado dunha mala xestión.
Publicar un comentario