Nos partidos de fútbol nOn é raro cambiar algún xogador ó longo dos 90 minutos. En política, a cousa xa é máis rara. Pero iso foi o que sucedeu onte, coa renuncia de Carlos Pérez, por motivos profesionais. Motivos que fan que de novo Ramón López volte ó consistorio, onde ocupara un posto destacado no anterior mandato (en particular na primeira parte do mesmo). É de supoñer que o PSOE saia revitalizado do estado anémico no que se atopa. Que o faiga para ben ou non, eso xa é algo diferente.
Collín do artigo 'a privatización da vida pública' unha frase que se atribúe a Luther King: 'Non pedimos que nos queirades. Só esiximos que deixedes de fastidiarnos'. no artigo está aplicada e xeito algo diferente, pero coido que na actualidade pódese aplicar á maioría dos políticos por parte da maioría do pobo.
E, neste primeiro día de febreiro, abaixo queda testemuña da temperatura media do aire nos xaneiros do século medidos pola Pedro Murias, tomada de Meteogalicia. Faltan datos abondos para tomalos máis como curiosidade que con exactitude, pero neste mes, ó contrario do que pasaba en decembro, parece estar a cousa algo máis clara: o quencemento aumenta ó longo do século nos xaneiros de Ribadeo, sendo este xaneiro o máis caloroso dos reseñados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario