20080208

Sobre a web do concello

Como non funciona, ía xa tempo que non a miraba. Pero, a raíz do post anterior boteille unha ollada para comprobar unha pequena acusación de Rivas: certamente, xa non figura el como webmaster: non figura ninguén. O saúdo do alcalde, primeira cousa que se ve (de xeito obrigado) despois da portada, en estilo minimalista (por non dicir insuficiente). Segue a figurar o PXOM (versión marzo 2005) como se non fora rexeitada esa versión, está só en castelán, ... e non está adaptada a Firefox, co que se ve 'non moi ben' nunha porcentaxe abondante dos navegadores que a visitan (a parte de non estar normativizada segundo as normas internacionais...) Mais? Non son o único que leva dito en lugares adecuados e dende hai tempo que hai que aproveitala doutro xeito: tocaríalle ser a páxina máis visitada de Ribadeo...

3 comentarios:

ajaspino dixo...

A páxina non é que se vexa mal dende o Fox, vese mal dende calquera navegador. De feito atreveríame a decir que nunca se chegou a ver ben.

ajaspino dixo...

Non só se ve mal co Fox, vese mal con calquera navegador. E atreveríame a decir que nunca se chegou a ver ben do todo esta maravilla de páxina.

Unha pena o desaprobeitado... e agora, coas novas tecnoloxías (ou a nova filosofía das tecnoloxías) poderíase sacar moito máis partido a esta web. Deberíase convertir nunha web social, colaborativa, participativa, etc, etc...

Mariano Grueiro dixo...

Eu coido que a páxina web de Ribadeo e parte do patrimonio europeo cultural.
Aparte de facer unha páxina "útil" que tivese un dominio sinxelo tipo ribadeo.es, esta páxina debe conservarse para xeracións vindeiras.
A Paco Rivas non lle falta razón, porque hoxe en dia e unha vergoña que un cidadan non poida xestionar todo via web, polo menos os afortunados que en Ribadeo teñen acceso a rede. Claro que iso de facer públicos os concursos e oposicións traeria consecuencias. Moitas plazas das que se convocan son para amigos, porque o anuncio normalmente esta nun "tablon público"tapado por outras cousas.

E sempre teremos o colofón de Paco Rivas
"TU NO SABES CON QUIEN ESTAS HABLANDO. TU NO ENTIENDES DE INTERNET. ¡YO ENTIENDO DE INTERNET!" Paco Rivas, ano 2000, a catro metros do dinamintado obelisco falangista en homenaxe os bous.