20080211

Unha visión da ría



    Os luns teñen fama de días diferentes. Son como todos, pero en xeral, nós, non. Por eso nolo parecen e a atribuímos ós días algo que nos corresponde. Quedan novas por ver despois dunha semana tamén diferente. Voltarei sobre algunhas, pero de pronto hai noticias que nos dan unha idea, como a letura, por exemplo, do blog de José Mª en relación ó pleno do sábado no que eu non estiven. Mentras un par de fotos e un pequeno vídeo da ría de Ribadeo, As fotos, tomadas xa a outra semana, dan fe do vento que facía ese día, coas ondas picadas dentro da ría na zona de Mirasol e a película con elas azotando cara á Punta da Cruz, na parte asturiana da saída. Tamén, unha sinal que seguro que leva tempo, pero non vira, indicando o perigo de caída para os coches en Porcillán, onde se ve o avance na ampliación da ponte, indicado polo desprazamento da estrutura metálica sobre a obra.

Ningún comentario: