20080325

A comarca éguese en silencio



O que podería ser unha boa noticia, collendo de xeito literal o título, e indicando a industriosidade local, non o é, se vemos que o silencio administrativo pode facer posibles atrocidades, algo que podería pasar en Barreiros e servir de exemplo noutros sitios. Por silencio administrativo tamén se poden conseguir cousas, e tendo cartos para unha defensa xudicial, consolidalas. Mentras, como os alcaldes non teñen unha responsabilidade asignada, a irresponsabildiade correspondente pode facer o resto.
Por certo, unha volta pasada a Semana Santa, notouse xa en Ribadeo a nova distribución de postos para o Grumir: rematou aquelo de grupo para todo que representaba, pois non ten persoal. Coido que en xeral, para a comarca, paso iso, pero en Ribadeo, desta volta, máis. Trae o xornal asemade que hai xente movéndose para unha reestructuración, que implicaría grupos a nivel non local, senón comarcal. Mentras iso pode que chegue ou non, seguiremos así, sen un servizo ó que o concello xa se habituara.
Hoxe, dúas imaxes, dun lugar de Ribadeo e do faro visto dende a ría.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moitos intereses.
Haberia que ter un departamento encargado disto. Porque xa non sei se e silencio administrativo provocado pola mala xestión administrativa, ou provocado pola interesada mala xestión administrativa.
Inda que en principio simplemente concédese o silencio administrativo sen importar a causa, se existise un proceso xudicial por medio coido que non valeria a opción de silencio administrativo e as licencias quearían paralizadas.
O que se esta facendo en Barreiros e Ribadeo ...antes dicía que non ten nome, pero si que o ten: MAFIA

Mariano Grueiro dixo...

logo diran que non hay crise (pinchar para ver a imaxe da situacion de Ribadeo)