20080302
Comparacións
Nestes días de campaña as preocupacións normais tenden a esquecerse porque queren que nos preocupemos doutras 'anormais', máis lonxanas, ou menos determinantes, ou sinxelamente, cara ás que nos queren levar porque controlan mías, por exemplo.
Mentras, onte nun mesmo periódico, a Voz, saíron novas de degradación do mar, degradación dos ríos e degradación das augas subterráneas. É un tema de campaña? Pois... non, quizais porque todo o mundo sabe que vai mal, e que hai que facer algo, asúmese e non se fala, e... remata non facéndose nada. Algo así como o da declaración de zona protexida da biosfera para a ría de Ribadeo (outras ligazóns, 1; 2; 3). Xa leva meses o tema dando coletazos. Xa hai que se prometeu a creación dunha comisión 'de xeito inmediato'. E xa hai tempo que nos axeitamos a esperar a ver se cae algo. Só a esperar, pois xa sabemos como son os políticos e se a iniciativa non parte diretamente (se recolle dunha proposta) do pobo, máis aínda.
Por iso, voltemos ó que queren que voltemos: a propaganda eleitoral. Aí están dúas fotos de mostra de 'propaganda positiva e diferenciada'. Conste que esta volta tocoulle ó PSOE, pero non porque sexa o único modelo.
En ambas, Zapatero da a cara por un mítin que non vai dar (ía poñer 'controlar'). Na segunda, sobre unha parece sobre a que é evidente que non se pode andar poñendo propaganda, sobre pintadas, separado dun anuncio de fútbol, máis serio, e entre a propaganda de festas alcólicas e da celebración do día 8 de marzo (a foto está tomada o mesmo día que saída na prensa que morreron catro mulleres pola violencia dos seus 'compañeiros'). Na primeira, a prota xa admite pouca máis propaganda, a non ser tapando anuncios anteriores, e nela, evidentemente un sitio onde non debera haber tampouo propaganda, Zapatero comparte cartel ata cun bando do concello. Por certo, ambas na rúa peonil máis transitada de Ribadeo. Fai falta seguir o comentario?
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
Medio,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario