20080330
Contémplao o PXOM?
A raíz dunha nova, buceo no Instituto Nacional de Estatística. O resultado, a poboación da provincia de Lugo prevese que dentro de dez anos estará entre 316000 e 321000 persoas. É dicir, menos que na actualidade (347000), entre un -5% e -10% en dez anos. Con datos de toda a provincia, o único concello no que a natalidade foi superior á mortalidade foi Burela, o que quere dicir que Ribadeo aliméntase de xente de aluvión, que esas 9704 persoas que aparecen como padrón municipal en xaneiro de 2007 tenden indefectiblemente a baixar e para evitalo hai que tirar de inmigración. En que xeito contempla istos datos o PXOM? Coido que de xeito deficiente. E non tanto por non contemplalos, senón máis ben polo como: chantados sen máis.
Hai outras cousas que deben ser contempladas no plan, e que tampouco vexo. Analiza as comunicacións (mal), pero non a evolución delas en relación a algo tan determinante como o prezo do petróleo. Ou hai quen dubida que será determinante próximamente na evolución do tráfico?
Etiquetas:
arquitectura,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario