20080320

Da música ó PXOM

Mentres tento de procurar unha reseña do concerto de onte na prensa e o que atopo é fútbol, hoxe de casualidade vin prepararse para marchar á banda portuguesa, que se aloxou no C.P. Gregorio Sanz de Ribadeo. Pero, como non hai máis que atopar (bo, que ó final non actuou na igrexa) paso a algunhas cousas do PXOM.
Na realidade, despois de 'Resposta rápida', 'Para meditar sobre o PXOM de Ribadeo', 'Domingo de Ramos', 'Sen oposición',
Queima... ista é a primeira entrada un pouco sistemática. Trata sobre as 50 primeiras páxinas da memoria do PXOM. Valla dicir, algo así como a presentación do plan.
Sorprende que cun goberno do BNG o plan vaia en castelán (con nomes en galego polo medio), pero isa é a tónica da memoria e dos planos en relación ós 112,3km2 do concello (algo que non teño claro que non implique un erro de preto do 5%).
Entrando en materia, non parece que os redactores do plan 'entraran moito en materia' dándose uns paseos por Ribadeo antes ou ó momento de coller e poñerse a traballar cos planos. Parece máis ben unha obra de estudo, deixando a realidade fóra. E non me refiro só polos gazapos nos planos. Non deixa de ser curioso asemade que sexa a mesma empresa redactora do revirado plan anterior (ver as alegacións do Tesón) a que se encargue deste.
Na memoria, páxina 12, obsérvase que non existe a autovía como estrutura de comunicación, citando unha conxestionada estrada costeira sen máis, e dispoñendo doutras referencias semellantes noutros lugares.
Unha páxina máis adiante recolleo de Vilaframil como o 'único aeródromo da provincia', cando sempre crin que era máis coñecido Rozas que Vilaframil, pois en tempos tivo vóos regulares.
Os datos demográficos que usa na páxina 14 son os do censo 2001, nos que Ribadeo aparece con 9163 habitantes, e non cos 10000 que pretendía o alcalde o pasado anoe que estaban pendentes de comprobación. O caso é que hai entre ambas cifras unha diferencia de perto do 10%, e 7 anos de diferencia nos que Ribadeo evolucionou. É certo que o plan preténdese para 30 anos, pero esa diferencia implica que se parte xa cunha incertidume inicial correspondente a un cuarto de dita cifra, o que se ve apoiado porque na p.15 realiza unha recompilación de dados sobre a demografía anterior de Ribadeo e non os proxecta sobre a futura. É dicir, algo así como se contaran máis os habitantes de Ribadeo no 1991 que a día de hoxe, como se corrobora na p.22 onde se toma como base os dados das vivendas no 1991. Cambiou Ribadeo dende entón? Coido que si.
Nas páxinas 20 ou 25 aparecen algúns dados curiosos, que hai que ver á luz dos bailes de datas delatados no parágrafo anterior: dous de cada cinco empregos de Ribadeo están no sector servizos (eu diría que máis...), e no termo de Ribadeo existen ... 371 segundas vivendas! (eu diría que máis!)
Facendo un inciso, e despois dunha vista moi rápida sobre o documento, coido que segue a faltar un desideratum sobre o que se pretende para Ribadeo no futuro (ver 'O Ribadeo que queremos'), pedido polo Tesón e por min na comarca e no blog con anterioridade.
Causa extrañeza (alomenos a min) que, collendo un criterio de entidades de poboación de 500 habitantes, Rinlo non sexa en consecuencia considerado como núcleo urbano para cómputos poboacionais (p.27). En contradicción co anterior, os planos de núcleos urbanos si aparecen con Rinlo diferenciado.
na p.28 ou na 34 obsérvanse outros erros: a altitude media da rasa no concello de Ribadeo, 20m (3km de anchura media a partires do mar) cando só con pasar o rato un momento sobre o pedazo correspondente en Google Earth xa se saca unha impresión diferente, ou coller mal a clasificación dos sitios arqueolóxicos de Ribadeo.
ben, dixen 50 páxinas, pero isto leva tempo e quedo na 40 cun 'continuará'.

Ningún comentario: