20080327

De coña

O servizo que ofrecen algunhas compañías en Ribadeo. Levamos xa uns cantos meses nos que a conexión a internet sufre calquera avatar que se considere posible, pero este inverno, despois de varios cortes máis pequenos, remata de dar paso a unha primavera prometedora: máis dunha hora estivo a grande maioría de Ribadeo sen corrente eléctrica. Hai necesidade de dicir algo sobre para que se necesita a corrente e os danos que pode causar? Non creo que sexa necesario. Máis ben o necesario será promover e realizar unha protesta. Non hoxe, pero si cando pareza que se vai de novo esquecer todo isto e as compañías van saír de novo sen responsabilidade. A todas estas, que dirá o concello? Como aínda non ten un portal internet decente, haberá que esperar a mañá a ler a prensa (non recibo as típicas notas de prensa, a pesares de estar la lista de Cultura), o que pode ser unha ledicia se o concello se adica a darlle ó autobombo e un ¿por que non? se se limita a dar novas. Polo momento, só se sabe que presentará unha queixa 'rigorosa'. Coido que queixa non chega a protesta, e moito menos a reclamación. O de rigorosa non o entendo moi ben.

1 comentario:

Mariano Grueiro dixo...

Na páxina de Barras din que:
--------

Le recordamos que siempre que desee realizar cualquier gestión comercial, además, le atenderemos en el teléfono:

902 513 513 (*)

(*) En horario ininterrumpido de 8.00 a 19.00 horas de Lunes a Viernes (ambos inclusive) excepto festivos nacionales.

Para el servicio de averías ponemos a su disposición, durante las 24 horas del día y los 365 días del año, el siguiente teléfono:

902 201 611

-----------------

A era internet parece non representar un avance
Continuan os cortes de corrente
A solución e mercar UPS para os equipos
O negocio en Ribadeo e a venda de SAI e placas fotovoltaicas.
Poñerei logo placas en Vilaframil e crearei un nodo de acceso a rede para toda a meseta Mariñana, onde os okupas que vivan nas promocións avandoadas de Barreiros poderán acceder a rede.
Co tempo o concello precisará contratar meus servicios.
Máis para entón terá problemas máis graves como o abastecemento de auga.
E o amigo Leo estará morto e faltaran os amijos en madrí e Balbino estará de cuchipandas
Primeiro internet, despois a corrente, o seguinte será o abastecemento de auga.
O máis valioso convertirase en ter unha propiedade con horto e unha fonte a non demasiados kilómetros.
Daquela fareime mecánico, porque Ribadeo vivirá unha segunda época de utilizar a bicicleta coma medio de transporte, como asi foi durante o século vinte ata finais dos anos 80, na que xente de tódalas idades utilizaban a bici en Ribadeo.