
Fáltame por ler... o que non quita que me fixara nalgunha cousa, como a edición totalmente en castelán cando na contraportada ten unha síntese relativa ó premio Dámaso Alonso en Galego e Castelán, e a cita dos patrocinadores que non voltan aparecer en ningún lugar do libro, como se pode ver mesmo na ficha que reproduzo.
Polo demáis, o que máis me chama a atención é o título, do que xa saquei unha idea que espero confrontar coa obra de Lope. Trátase da interpretación cuasi literal do título: a xente que mellor pode fastidiar (e moitas veces, mellor o fai) as cousas é aquela que se criou entre elas, a que mellor as coñece.
Será ou non certa a miña suposición? Respeto o contido da obra de Lope de Vega, averiguareino, pero respeto á realidade, é un feito sen contestación posible.


Hai actividade política, pero mellor deixar un día de asueto nese tema no que, nas eleccións, parece un saturarse, mentras que entre elas está a mendigar información. Ambas, cousas malas, nunha, por fame, noutra, por empacho, moitas veces de porcalladas.
Remato cunha lembranza de algo de Ribadeo. A conto doutro tema, onte din unha referencia na web: a correspondente ó programa Pagus. Trátase dunha páxina que xa tiña esquecida (xa saiu outra volta no blog), pero que resume varias cousas que para un ribadense dan algo de nostalxia, incluíndo unha boa colección de fotos antigas recollidas dun vello CD e outros lugares. Por iso, hoxe non vai outra foto.
O que si vai é unha ligazón...
Ningún comentario:
Publicar un comentario