20080316

Domingo de ramos


Hoxe sairá (en cousa dunha hora, segundo o programa da semana Santa de Ribadeo) a xente segundo 'manda a tradición' con algunha prenda nova e procesión de ramos. É domingo, fai un día espléndido, a xente da noite sa deixou de facer ruído e en xeral non irá ó desfile eclesiástico.
Nun día así, non meterse en profundidades...
Ó contrario que a Xunta, que ten localizados 18 acuíferos para suplir a falta de auga da seca, un deles, entre Ribadeo e o Valadouro (El País), o mesmo xornal que di que o chófer do presi de Deputación ourensá cobra 47000€/ano por ... asesor técnico de seguridade, ou no que Suso de Toro continúa coas súas columnas, en xeral moi ben artelladas.

Non embargantes, non necesita de grandes profundidades o botarlle unha ollada ó PXOM (quizáis deba dicir PGOM a tenor dos documentos presentados, onde se chama así?). Así atopamos que unha rápida ollada nos descubre que non haberá que pasar por fóra de Mirasol para continuar o paseo marítimo e reconstruirán os armacéns destruídos (claro, por iso leva parada a obra un mes!), que se recuperará parte do último recheo (que claramente se adicará a novos armacéns seguno lenda expresamente colocada e visible na imaxe cando se amplía, e en contra do dito no seu momento), que a fonte de Parador non existe nin existirá, que o derrumbamento do Nadal de hai dous anos no paseo do faro foi totalmente reconstruído sen absolutamente necesidade de retranqueo... os planos son marabillosos, unha volta máis amosan que no papel todo pode ter solución (e que polo tanto, o que falla, sobre todo, é a aplicación, a non ser que controles o poder e polo tanto impoñas o que din os papeis, que para algo están)

Ningún comentario: