20080311

A hora da política local

    Onte, pasadas as eleccións xerais, de novo a política local voltou a poñer o seu gran de area no interese público. Pleno en Ribadeo co aforo cheo a contagotas (do mesmo xeito se vaciou logo), o que permitiu que, acompañado en parte polo funcionamento dos altofalantes, os portavoces tentaran sacar algo de oratoria. Unha costume que estaría ben continuar nestes plenos abondo menos crispados que no mandato precedente. 
    O seu desenvolvemento a modo implica que boa parte del foi previsible. A toma de posesión de Ramón López Pérez despois da renuncia de Carlos Pérez Méndez, unha pequena intervención para modificar un detalle na acta anterior... deixaron un terceiro punto onde M. Luz aconsellou a Rivas pasar polas actuacións para ver a súa calidade e o número de asistentes, despois de que aquel voltara a preguntar polo gasto en cultura. 
    No apartado correspondente ó servizo 'xantar sobre rodas' destacaron todos os grupos que se aproba 'no aire', para tentar facer as cousas ben despois. Pode que, a aprte do plantexamento da alcaldía, o máis destacable sexa o dito por José Carlos, notando que antes (o pasado ano) foi por un tempo curto, afectou só a 17 persoas e foi gratis, cousas que non vai ser agora, e que pero é plantexalo e logo cortalo. Foi aprobado tamén por unanimidade. 
    Algo polo estilo pasou no punto correspondente ó ARI: proposta unánime, pero non se sabe que. 
    Do punto 8, pouco novo: sae Coto/Isolux Corsan e chega Urbaser despois de que a xunta consultiva esteña sen conformar aínda e de que UPRi voltara tentar de novo que continuaran as cousas como ata agora, ganándose unha reprimenda de PP e BNG por insistir en tres plenos diferentes e tentar de desviar o que foi a súa proposta aceptada no último pleno. Ó final, BNG e PP sacaron a cosua adiante. 
    O punto sobre o PXOM, ó final saiu con unanimidade, felicitándose todos polo día histórico que iso significa. Agora, tras a aprobación inicial, será posta a disposición durante dous meses na vella oficina de turismo, en internet, nun CD, ... para alegación sdurante dous meses. No punto clave do día foi onde máis se tentou o facer notar a dialéctica florentina, o 'apoio crítico' e o compromiso dos grupos. O PXOM será tema no blog máis dunha volta na próxima tempada. 
    O punto seguinte, unha moción para o amaño de calvo Sotelo feita polo PP comezou con sorrisos na sala a partir de que UPRi, polo seu número dous, dixera varias veces que non comprendía a moción, a causa de que non está definida se se quere rúa peoníl, se vai faltar máis aparcamento, a financiación... Ó final, sen financiación polo momento, con outras posibilidades semellantes no pobo, vai adiante a proposta por unanimidade para o seu estudo e taponado de todas esas dúbidas plantexadas. 
    Queda para outro momento o punto de rogos e preguntas, nutrido coma sempre, que remato coas preguntas da AVV O Tesón.

Ningún comentario: