Foi no 1969 cando ribadeo perdeu a categoría xudicial de Partido, que dende entón leva laiando. Aínda con escepticismo, está comezando a máis seria das embestidas acometidas para logralo de novo. Máis seria por ser una petición da Xunta ó 'Goberno Central', pero con moito escepticismo pois as informacións son de que abranguería só o propio concello, e para 10.000 habitantes sinxelamente non se crea un partido xudicial. Por que para o propio concello só? Unha explicación maliciosa sería que se propón para que aquí se vexa que se está a facer algo e ó tempo fóra de aquí se perciba que non se está a facer, mentras o político de turno (neste caso, a política) sae na foto. O certo é que maliciosa si, pero non sería novidade e non se me ocorre outra explicación para facer así a cousa. E, cando os políticos locais reaccionan con escepticismo...
Mentras, parece que na prensa xa se esqueceu o apagón do outro día. Desapareceu. Nembargantes, non debe ser así a cousa, se queremos que Barras teña en conta á comunidade de Ribadeo.
Entre hoxe e mañá, outra entrega sobre o PXOM...
Ningún comentario:
Publicar un comentario